A Fundación Carlos Casares organiza as Xornadas “Ramón Piñeiro na Galicia do século XX”, que terán lugar dende o luns 23 de marzo ao xoves 26 de marzo no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo. O propio día 23, ás 20 horas, no Paraninfo da Deputación, terá lugar un acto solemne de apertura, no que estarán presentes o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; a Presidenta da Fundación Carlos Casares, Kristina Berg; o alcalde de Lugo, José Clemente López Orozco; e o secretario do Consello da Cultura Galega (CCG), Henrique Monteagudo. Contarán, ademais, coa presenza de Anibal Piñeiro e outros familiares do intelectual, o alcalde de Láncara (vila natal de Piñeiro), e unha representación de escolares do Colexio Público Ramón Piñeiro da mesma localidade. O evento está codirixido por Carlos Fernández e Damián Villalaín.
Importantes estudosos, escritores xornalistas e filósofos participan nestas importantes xornadas co fin de dar a coñecer a personalidade e a carreira política de Ramón Piñeiro. Entre outros estarán Darío Villanueva, Xesús Alonso Montero, Gerardo Fernández Albor, Justo Beramendi ou Ramón Máiz.
A ENTRADA É LIBRE E GRATUÍTA para todos os asistentes, con certificación de asistencia para os interesados, que poden inscribirse no mesmo lugar de celebración das xornadas. Pódese consultar aquí o programa das Xornadas.
Menu
- Inicio
- A Fundación
- Carlos Casares
- Actividades
- CURSO DE MEDIOS AUDIOVISUAIS DE CELANOVA (CeMAC)
- CENTRO DE ESTUDOS E CÁTEDRA CARLOS CASARES
- COORDENADAS. Diálogos Literarios da Fundación Carlos Casares
- EXPOSICIÓNS
- OS DEBATES DE CAFÉ VOLTAIRE
- ÁREA DE LINGUA, CULTURA E SOCIEDADE
- ÁREA DE CIENCIA, CULTURA E SOCIEDADE
- ÁREA DE DIÁLOGO INTERCULTURAL
- Colaboración na difusión da figura de Carlos Casares
- MEDIATECA
- Contacto
×