As profesoras de xaponés e chinés que fixeron posible “Oriente Exprés”

Unha vez rematado o Ciclo Oriente Exprés, temos saudade dos bos momentos pasados na Escola Oficial de Idiomas de Vigo e no Museo de Arte Contemporánea cos estudantes, público, conferenciantes e persoal de organización do Ciclo.

Queremos agradecer especialmente o esforzo das profesoras de xaponés (Yerma Alonso e Sayuri Nishimura) e de chinés (Cristina Rodríguez Veiga e Yan Ni) da Escola Oficial de Idiomas que, alén da súa implicación tanto na organización e na execución do programa, foron sempre un apoio e tiveron a mellor disposición cara á Fundación e cara aos asistentes e relatores. Vaia para elas o noso recoñecemento e un cariñoso saúdo.