Onte tivemos a oportunidade de escoitar ao malacólogo Emilio Rolán na Sede Fundación Caixa Galicia de Vigo, dentro do III Ciclo Ciencia e Sociedade que anualmente organizamos coa colaboración da Fundación Caixa Galicia e mais da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O Dr. Rolán deu a conferencia de apertura do ciclo, A evolución no mundo dos moluscos, na que explicou os inicios, as pautas de desenvolvemento e as consecuencias da formación das especies de moluscos nos mares do planeta.
Despois dunha breve introdución sobre as semellanzas e diferenzas entre as formas actuais e ancestrais deste phillum, detívose en explicar o proceso de especiación que se deu nas illas oceánicas. Tomou como exemplo as illas de Cabo Verde, ben coñecidas por el, e describiu o modelo evolutivo que explica a actual exhuberancia de especies que se ve nelas: a formación volcánica das illas, a súa colonización por parte de moluscos costeiros continentais e a especiación dos novos residentes. A variación nas condicións ambientais, a frecuencia da colonización e o tempo longo e demorado son os responsables desta especiación, que se manifesta pola inmensa diversidade e beleza das súas formas.
Menu
- Inicio
- A Fundación
- Carlos Casares
- Actividades
- CURSO DE MEDIOS AUDIOVISUAIS DE CELANOVA (CeMAC)
- CENTRO DE ESTUDOS E CÁTEDRA CARLOS CASARES
- COORDENADAS. Diálogos Literarios da Fundación Carlos Casares
- EXPOSICIÓNS
- OS DEBATES DE CAFÉ VOLTAIRE
- ÁREA DE LINGUA, CULTURA E SOCIEDADE
- ÁREA DE CIENCIA, CULTURA E SOCIEDADE
- ÁREA DE DIÁLOGO INTERCULTURAL
- Colaboración na difusión da figura de Carlos Casares
- MEDIATECA
- Contacto
×