Acto de homenaxe a Anxo Rei BallesterosO día 1 de xuño, no Centro Sociocultural Caixa Galicia da Coruña, tivo lugar o acto de homenaxe e lembranza ao escritor Anxo Rei Ballesteros (1952–2008). O evento, que anunciaba a apertura dos Diálogos de Mariñán, estivo conducido polo director da Fundación Carlos Casares, Gustavo A. Garrido e contou con dous amigos do escritor finado, Dolores Vilavedra e Basilio Lourenço.

Os VI Diálogos Literarios de Mariñán comezaron onte con dúas mesas. Na primeira, Calidades da traizón, versou sobre as traducións literarias e nela interviñeron Gonzalo Navaza e Marianne Sandels. A mesa foi moderada por Xesús Fraga.

Ás 13.30 tivo lugar a cerimonia de inauguración dos Diálogos, coa participación de Salvador Fernández Moreda (presidente da Deputación Provincial da Coruña), Kristina Berg (presidenta da Fundación Carlos Casares), Antón Louro (Delegado do Goberno en Galicia), Francisco López Rodríguez (Director de Produción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo), Anxo Lorenzo (Secretario Xeral de Política Lingüística) e Teresa Porto (Directora da Fundación Caixa Galicia). Acto de inauguración dos VI Diálogos Literarios de Mariñán

Pola tarde, ás 17.00 horas, abríuse a segunda mesa, “Os circuítos da emoción”, que reuniu a dous poetas de diferentes ámbitos lingüísticos: Laia Noguera e Nuno Júdice, actuando como moderadora Yolanda Castaño.

MÉRCORES 3 DE XUÑO: Jose Saramago e Manuel Rivas

Mañá mércores, 3 de xuño, na segunda sesión dos Diálogos, estarán connosco os escritores Antón Riveiro Coello e José Avello que falarán sobre “As historias da vida”, actuándo como moderador Xesús Constela. E xa pola tarde, no Auditorio da Fundación Caixa Galicia da Coruña (Cantón Grande 21-24), terá lugar a conferencia pública que baixo o lema Narrar, lembrar”reunirá a ao premio Nobel de Literatura José Saramago e ao escritor Manuel Rivas, que serán presentados por Rosa Aneiros. A entrada é libre e gratuíta para todos os asistentes.

Vexa as imaxes dos Diálogos.