Onte fíxose pública a feliz noticia de Rosa Aneiros ter gañado o Premio Xerais de Novela, con Sol de inverno, e mais o Premio de Literatura Xuvenil Fundación Caixa Galicia, con Ás de bolboreta, correspondentes á edición de 2009. Xornalista e escritora, Aneiros tenos alegrado moito cos seus textos, xa foran narracións, novela ou artigos, gran número deles premiados no decurso dunha brillante mais aínda curta carreira. Congratúlanos o bo tino do xurado ao recoñecer nela unha das plumas máis prometedoras da literatura galega. Aínda non se cumpriu unha semana da súa presenza nos VI Diálogos de Mariñán, onde presentou a tradicional conferencia pública na sede da Fundación Caixa Galicia, introducindo a José Saramago e a Manuel Rivas. Alegrámonos moito deste novo suceso literario.
Damos tamén a noraboa a Jacobo Fernández Serrano, gañador do prestixioso Premio Merlín de literatura infantil, fallado na mesma xornada no histórico e memorable marco da Illa de San Simón.
Menu
- Inicio
- A Fundación
- Carlos Casares
- Actividades
- CURSO DE MEDIOS AUDIOVISUAIS DE CELANOVA (CeMAC)
- CENTRO DE ESTUDOS E CÁTEDRA CARLOS CASARES
- COORDENADAS. Diálogos Literarios da Fundación Carlos Casares
- EXPOSICIÓNS
- OS DEBATES DE CAFÉ VOLTAIRE
- ÁREA DE LINGUA, CULTURA E SOCIEDADE
- ÁREA DE CIENCIA, CULTURA E SOCIEDADE
- ÁREA DE DIÁLOGO INTERCULTURAL
- Colaboración na difusión da figura de Carlos Casares
- MEDIATECA
- Contacto
×