A decimoquinta edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente na modalidade de lingua galega foi para a nosa amiga e colaboradora Inma López Silva. A súa novela, Memoria de cidades sen luz (Galaxia, 2008), que xa recibira o Blanco Amor en 2007, foi elixida na categoría de literatura galega. Ignacio M. Pisón en castelán e Henning Mankell en lingua estranxeira foron os outros galardonados polos xurados de dez alumnos de 2ºde bacharelato correspondentes a cada un dos apartados.
Por outra parte, os escritores galegos Justo Beramendi na modalidade de ensaio e Agustín Fernández Paz en literatura infantil recibiron o pasado martes en Teruel, de mans do príncipe de Asturias, D. Felipe de Borbón, o Premio Nacional de Cultura. Neste mesmo evento tamén recibíu galardón Joan Margarit, na modalidade de poesía. Margarit, participou na V edición dos Diálogos Literarios de Mariñán, o pasado ano.
A todos eles vaian os nosos cumprimentos.