Enrique Bustamante e Emili PradoA sexta edición do Curso Universitario de Comunicación Audiovisual de Celanova, que terá lugar os próximos días 8, 9 e 10 de xullo de 2009 no mosteiro de San Rosendo baixo o título O audiovisual e as industrias culturais, contará coa presenza, entre outros, dos catedráticos Enrique Bustamante e Emili Prado.

Enrique Bustamante é Catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Universidade Complutense de Madrid dende 1992, e membro do Consello de Redacción das revistas Reseaux, Media Culture & Society; Comunicaçao & Política; Studies in Communication Sciences, etc. Duante máis de doce anos foi xornalista en activo de diversos medios de comunicación e directivo da Asociación da Prensa de Madrid ou o Club Internacional de Prensa. É autor de numerosas publicacións sobre o tema do audiovisual e das industrias culturais.

Emili Prado é Catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade Autónoma de Barcelona e Research Associate na Universidade de California. Director de varios observatorios internacionais e do GRISS, grupo de investigación que desenvolve proxectos sobre consumo de medios audiovisuais, televisión interactiva e comunicación política. Desenvolveu tamén unha intensa actividade profesional en radio, televisión e prensa escrita, e publicou importantes obras sobre diversos temas relacionados coa comunicación audiovisual.