Carteis de “Os mortos van á présa” e “Flores tristes”

Os directores premiados co “Mestre Mateo” 2008, Teo Manuel Abad e Ángel de la Cruz presentarán as súas longametraxes durante o VI Curso Universitario de Comunicación Audiovisual de Celanova. Abad, que recibíu o célebre galardón que outorga a Academia Galega do Audiovisual na categoría documental, estará o día 8 de xullo coa súa peza Flores tristes. De la Cruz, premiado na categoría de longametraxe, presentará o seu film Os mortos van á présa o día 9 de xullo.
Teo Manuel Abad ten unha longa experiencia no audiovisual. Comezou como corresponsal gráfico para iniciarse como videocreador a mediados dos anos 80; traballou como realizador da TVG ao tempo que despregou a súas habilidades no documental, a ficción, as campañas publicitarias os eventos musicais. A súa obra 365 foi seleccionada polo Museo de Arte Reina Sofía para a Bienal “Imagen en movimiento”.
Ángel de la Cruz, pesia a súa xuventude, ten unha boa experiencia como guinista, director e decorador. En 1994 foi axudante de decoración no film Tirano Banderas, que merecera un Goya neste apartado. Tamén codirixíu con Manolo Gómez O bosque animado. A súa primeira realización, Sitcom show foi a gañadora do concurso 24×24 da TVG. Foi tamén premio “Manoel de Oliveira” ao mellor realizador no I Festival de Cine Independente do Porto, este ano.