Un dos obxectivos fundacionais da Fundación Carlos Casares é a de velar polo estudo e difusión da obra literaria do escritor que lle dá nome. A raíz desta idea, a Fundación organizou o Simposio Internacional Carlos Casares, que se desenvolveu en Ourense a finais do ano 2007, no ámbito da Cátedra Carlos Casares da Universidade de Vigo-Campus de Ourense, co fin de afondar na figura e a obra do escritor ourensán.
Tratouse dunha primeira aproximación ao estudo e a investigación dunha personalidade tan variada e aberta, acometida por especialistas, amigos persoais e estudosos que impartiron conferencias e paneis de coloquio. Os resultados do Simposio foron recollidos nunhas actas que agora se presentan para a súa libre visualización e, se se quere, para a súa descarga libre.
Para acceder, tan só tedes que ir á sección “Publicacións” do noso web.