Os VII Encontros de Mondariz-Balneario, que se celebrarán este ano os días 20 a 22 de outubro, tratarán o tema O César e Deus: relixión, laicidade e espazo público. Farase cargo da primeira sesión o diplomático e escritor José María Ridao. Licenciado en Dereito e en Filoloxía Árabe, como diplomático estivo destinado en Angola, a extinta URSS, Guinea Ecuatorial e Francia, e de 2004 a 2006 foi embaixador de España ante a UNESCO. A partir do ano 2000 convértese en colaborador do diario EL PAÍS e de Cadena Ser. Na súa produción como escritor destacan os ensaios, como Contra la Historia (2000), La elección de la barbarie: liberalismo frente a ciudadanía en la sociedad contemporánea (2002), El pasajero de Montauban (2003) ou Elogio de la imperfección (2006). Tense achegado tamén ao campo da novela con títulos como Excusas para el doctor Huarte (1999) ou El mundo a media voz (2001).
Menu
- Inicio
- A Fundación
- Carlos Casares
- Actividades
- CURSO DE MEDIOS AUDIOVISUAIS DE CELANOVA (CeMAC)
- CENTRO DE ESTUDOS E CÁTEDRA CARLOS CASARES
- COORDENADAS. Diálogos Literarios da Fundación Carlos Casares
- EXPOSICIÓNS
- OS DEBATES DE CAFÉ VOLTAIRE
- ÁREA DE LINGUA, CULTURA E SOCIEDADE
- ÁREA DE CIENCIA, CULTURA E SOCIEDADE
- ÁREA DE DIÁLOGO INTERCULTURAL
- Colaboración na difusión da figura de Carlos Casares
- MEDIATECA
- Contacto
×