Baixo o título O César e Deus: relixión, laicidade e espazo público, os VII Encontros de Mondariz-Balneario pretenden demarcar o terreo sobre o cal erguer unha reflexión seria e rigorosa sobre as relacións que se establecen entre os poderes da Igrexa e do Estado.
Este ano, os Encontros de Mondariz-Balneario terán lugar os días 20 a 22 de outubro no Hotel balneario de Mondariz, convertidos xa nun foro de debate estable sobre cuestións fundamentais do mundo contemporáneo. Pódese consultar o Programa dos VII Encontros e atopar máis información na axenda de próximas actividades .