Coordinado por José María Cardesín, as xornadas Luces e sombras do Proxecto Ilustrado en España: unha ollada dende Ferrol teñen por obxectivo o de avaliar a coherencia do programa reformista da Ilustración en España, coa ollada posta indirectamente no proxecto urbano industrial que veu a aplicarse na cidade de Ferrol.

As xornadas que organiza a Fundación Carlos Casares contan co apoio do concello de Ferrol, da Universidade da Coruña, da Xunta de Galicia e do Ministerio de Cultura, e celebrarase no salón de actos da sede Fundación Caixa Galicia en Ferrol do 17 ao 20 de novembro de 2009.

Enlace: Programa das Xornadas

Enlace: Cartel das Xornadas

Enlace: Ficha de inscrición (enviar cuberta a: info@fundacioncarloscasares.org)