Miguel Anxo MuradoNa súa edición do pasado sábado 31 de outubro o xornal británico The Guardian publicou un artigo do noso amigo e colaborador Miguel Anxo Murado, Waking Spain’s death, no que analiza as circunstancias que arrodean a recuperación dos restos de Federico García Lorca e os seus tres compañeiros de martirio. Na prosa clara e rigorosa que marca o seu estilo, Murado sitúa este episodio no pano de fondo desa tensión que lastra á democracia española e que lle impide pasar páxina e avanzar sen prexuízos.

 The Guardian, fundado en 1821, é o único dos grandes xornais británicos que pertence a unha fundación, Scott Trust. Ten rexistrada unha circulación de máis de 358.000 exemplares e albergou nas súas páxinas columnistas da talla do escritor Arthur Koestler, o historiador Arnold Toynbee ou a xornalista Anna Politovskaia. Alegrámonos moitísimo deste éxito de Miguel Anxo Murado.