Baixo o título Luces e sombras do proxecto ilustrado en España. Unha ollada dende Ferrol, a Fundación Carlos Casares organiza estas Xornadas que contarán co recoñecemento de un Crédito de Libre Elección pola Universidade da Coruña. As Xornadas son de inscrición gratuíta ata cubrir as 60 prazas previstas mediante a cumprimentación desta ficha de inscrición ou o envío dos datos que aparecen na mesma ao enderezo electrónico: info@fundacioncarloscasares.org
As Xornadas, coordinadas por José María Cardesín, profesor titular de Historia dos Movementos Sociais da Universidade da Coruña, desenvolveranse na Sede Fundación Caixa Galicia de Ferrol (Praza da Constitución, s/n) dende os días 17 a 20 de novembro. Contarán coa presenza de José Álvarez Junco (Catedrático de Historia dos Movementos Sociais da Universidade Complutense de Madrid), de Javier Fernández Sebastián (Catedrático de Historia do Pensamento Político da Universidade do País Vasco), de Xosé Ramón Barreiro Fernández (Presidente da Real Academia Galega), de Carmen Fernández Casanova (Catedrática de Historia Contemporánea da Universidade da Coruña), de Ofelia Rey Castelao (Catedrática de Historia Moderna da USC) e de Alfredo Vigo Trasancos (Catedrático da Historia da Arte da USC). Ademais, un dos días das xornadas estará dedicado a diversas visitas guiadas polo Museo Naval, o Arsenal e Base Naval e pola cidade e os seus arredores.
Enlace: Programa das I Xornadas Luces e sombras do proxecto ilustrado en España. Unha ollada dende Ferrol
Enlace: Cartel das Xornadas
Enlace: Ficha de inscrición das Xornadas (inscrición gratuíta ata completar prazas).