Iniciamos, coa publicación do audio da conferencia que Luis Collado, responsable de Google Search Books para España e Portugal, impartiu en 2008 no Curso de Comunicación Audiovisual de Celanova, unha nova serie de documentos que coidamos de grande interese e utilidade. A conferencia, titulada “A experiencia de Google. Cara a onde camiña a rede”, realiza un achegamento histórico e conceptual ao medio da internet, así como aos retos que enfronta Google para a transmisión e difusión da información.
De forma periódica seguiremos engadindo máis documentos sonoros nesta sección “Publicacións“, que se pode atopar no menú da esquerda. Estes arquivos, xunto con textos descargables como o xa publicado (Actas do Simposio Internacional Carlos Casares), aumentan a nosa oferta libre a través da rede.