Marcos Valcárcel - As uvas na solainaAs uvas na solaina, ese agasallo xeneroso que nos viña entregando Marcos Valcárcel a través de palabras brillantes como pingas doces dun raro elixir, tráenos hoxe un texto de despedida: Un lóstrego, titúlao, e significa o peche definitivo do seu luminoso e fructífero manancial.

O autor pasa unha páxina efémera coma un lóstrego pero, coma el, persistente, que se fixa na retina antes de esvarar ata o corazón onde marca, a lume, unha cicatriz imborrable.

Saiba o autor que o queremos moito.