Foro Mugardos Lingua e Sociedade - “O prestixio social do galego”Unha das áreas de traballo da Fundación Carlos Casares, o Seminario Permanante de Lingua e Sociedade, desenvolve actividades dirixidas a fortalecer o proceso de normalización lingüística de Galicia, seguindo un dos mandatos fundacionais. Unha desas actividades é este Foro homónimo creado para afondar no estudo e análise das relacións entre a lingua e a sociedade.

O Foro Mugardos Lingua e Sociedade, que este ano leva o título O presitixio social do galego, celebrarase os días 8 e 9 de outubro de 2010 no Pazo de Rilo (Mugardos), grazas ao patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Concello de Mugardos, Forestal e Gadisa.  Nel participarán especialistas galegos e estranxeiros como Glyn Williams, Gabriel Rei-Doval, Xosé Luís Barreiro, Valentín García Gómez, Joan Argenter ou Fernando Ramallo, que abordarán como se constrúe o prestixio das linguas socialmente minoritarias, que variables definen ese prestixio e como se pode actuar sobre elas. Esta primeira edición do Foro, que ten vocación de continuidade, está destinada ao público xeral interesado no tema, aínda que tamén centrando a atención sobre lingüistas, sociólogos, profesionais de servizos de normalización, axentes e intermediarios culturais, estudantes, etc. Preténdese un debate teórico sobre o tema, sempre dende unha óptica construtiva, asi tamén apuntar algunha liña posible de actuación inmediata.

Para inscribirse de xeito gratuíto tan só hai que remitir un correo electrónico a info@fundacioncarloscasares.org cos datos dos interesados (nome completo, DNI, teléfono, localidade de orixe e ocupación)  ou chamar ao número de teléfono 986.225.785. Ao final das xornadas entregarase un diploma acreditativo de asistencia para todas as persoas que o soliciten.

Enlace: Díptico do Foro Mugardos Lingua e Sociedade – “O prestixio social do galego”

Enlace: Cartel do Foro Mugardos Lingua e Sociedade – “O prestixio social do galego”