Ao abeiro da Cátedra Carlos Casares da Universidade de Vigo – Campus de Ourense, levarase a cabo no Salón de Graos da Facultade de Dereito de Ourense e durante os días 2 e 3 de novembro o Curso “Os dereitos humanos no século XXI“. Coordinado polos profesores Ana Garriga e Roberto Bustillo, trátase dun curso de formación para profesionais e estudantes que contará con reputados especialistas en dereitos humanos como Gregorio Peces-Barba, Lorenzo Martín-Retortillo, María del Carmen Barranco ou Rafael de Asís.A Cátedra Carlos Casares está financiada pola Deputación Provincial de Ourense e organiza actividades académicas de carácter formativo, divulgativo e científico sempre no ámbito do Campus de Ourense. Para este curso cóntase, tamén, coa colaboración do Instituto de Dereitos Humanos Bartolomé de las Casas e da Facultade de Dereito de Ourense.A inscrición ao Curso é gratuíta e pode formalizarse mediante chamada ao teléfono 986.225.785 ou no correo info@fundacioncarloscasares.org
Menu
- Inicio
- A Fundación
- Carlos Casares
- Actividades
- CURSO DE MEDIOS AUDIOVISUAIS DE CELANOVA (CeMAC)
- CENTRO DE ESTUDOS E CÁTEDRA CARLOS CASARES
- COORDENADAS. Diálogos Literarios da Fundación Carlos Casares
- EXPOSICIÓNS
- OS DEBATES DE CAFÉ VOLTAIRE
- ÁREA DE LINGUA, CULTURA E SOCIEDADE
- ÁREA DE CIENCIA, CULTURA E SOCIEDADE
- ÁREA DE DIÁLOGO INTERCULTURAL
- Colaboración na difusión da figura de Carlos Casares
- MEDIATECA
- Contacto
×