Base Antártida “Gabriel de Castilla”O mércores día 17 de novembro ás 20.00 h terá lugar, na Sede Fundación Caixa Galicia de Ferrol, unha Mesa redonda sobre a presenza de España no continente antártico. Previamente, ás 18.45 h, efectuarase a preestrea do documental  Extremo Sur, unha viaxe á fin do mundo, producido por Zenit TV para Televisión de Galicia e dirixido por Mª Ignacia Ceballos.

O evento enmárcase dentro do convenio anual que a nosa Fundación mantén co Concello de Ferrol e que permite ao público da cidade departamental achegarse, sen intermediacións, aos temas máis actuais, podendo confrontar a propia opinión coa experiencia dos protagonistas.

A Mesa Redonda deste ano pretende enfocar o tema dende os ángulos científico, xurídico e loxísitico-militar. Para iso, contamos cos seguintes invitados:
D. Santiago Bolíbar Piñeiro. Almirante Xefe do Arsenal de Ferrol, que actuará de moderador.
D. Julio Jorge Urbina. Prof. Titular da USC, experto en Dereito Internacional Público.
D. Carlos Manuel Arenas de Bedmar. Capitán de Corbeta, ex Comandante do BIO “Las Palmas”.
D. Mariano Lastra Valdor. Prof. Titular da UVigo, director de proxecto da Campaña Antártida 2009-2010.

O acceso é libre e gratuíto.