Café Voltaire. O sabor das letrasPor segundo ano consecutivo, a Fundación Carlos Casares organiza, xunto coa Agrupación de Amigos do MARCO e o Restaurante & Café MARCO unha nova edición do Café Voltaire na súa vertente de proposta de diálogo entre literatura e gastronomía con carácter mensual, baixo o suxestivo título de “O sabor das letras“.  A actividade conta co patrocinio da Xunta de Galicia.

Oitava sesión, xoves 24 de novembro: César Cunqueiro.

A última sesión de 2011 será conducida por César Cunqueiro, que nos visita de novo despois da súa intervención do ano pasado para achegarnos un tema clásico moi interesante: As cociñas dos mares cunqueirianos. Desde a Arca de Noé a frota de Pantagruel, onde se evidencian fortes lazos entre as fontes gastronómicas e literarias.

O prazo de reserva para esta sesión está aberto na segunda semana deste mes, sendo as prazas limitadas a 70. Para reservar debe realizarse unha petición na Agrupación de Amigos do MARCO por escrito (amigos.marco@marcovigo.com) ou por teléfono (986113900 -ext. 402). Poden retirarse as entradas do despacho de billetes do MARCO ata dous días antes do acto.