Enrique Miguel Destar Novoa, natural de Ourense e casado con Mercedes Casares Mouriño, faleceu esta mañá en Santiago de Compostela á idade de 65 anos. Enrique Destar foi funcionario da Xunta de Galicia onde traballou a área de comunicación pasando, entre outros destinos, polas consellerías de Cultura e de Presidencia, onde se xubilou.

Enrique Destar tivo un significado papel na creación e posta en marcha da Fundación xunto coa súa dona e padroeira, Mercedes Casares, sendo un dos primeiros en tomar a iniciativa e dar os pasos determinantes para facela realidade. A capela ardente quedará instalada hoxe no Tanatorio de Boisaca e mañá día 16 ás 18 horas terá lugar un oficio relixioso no mesmo lugar.

A Fundación Carlos Casares lamenta esta perda e comparte a dor da familia e amigos de Enrique Destar polo seu pasamento.