Por décimo ano consecutivo, o Liceo de Ourense organiza o Premio Literario “Carlos Casares” na modalidade de Microrrelatos.  Dotado con 1.500 euros de premio e organizado polo Liceo de Ourense, as persoas interesadas poden presentar ata tres inéditos en calquera das linguas oficiais de Galicia.

O traballo ou traballos, cuxa extensión non debe superar os 1.500 caracteres, deben presentarse por quintuplicado antes do 13 de maio de 2011 na Secretaría do Liceo de Ourense. Tras valoración por parte do xurado, o premio outorgarase nun acto literario no marco das Festas do Liceo, que se celebrará
o 27 de maio.

EnlaceBases X Premio Literario “Carlos Casares”