Os días 20 a 22 de xullo celebrarase en Celanova o VIII Curso Universitario de Comunicación Audiovisual de Celanova. O título desta edición é “Cine galego. Entre o obxectivo identitario e a produción low cost, na que se tratarán os filmes 18 comidas, Crebinsky e mais Doentes dende os seus diversos apartados técnicos (dirección, produción, interpretación, fotografía, dirección artística, son, etc.).

Para ir abrindo boca, podedes botarlle unha ollada a 18 comidas, o filme que tratará o día 20 de xullo:

Trailer – Cines – película “18 COMIDAS” de Jorge Coira from TIC TAC PRODUCCIONES on Vimeo.

Enlace: VIII Curso Universitario de Celanova