O filme Crebinsky, dirixida por Enrique Otero e producida por Zircozine, que chegou ás nosas pantallas na primavera pasada, vén de gañar tres importantes premios no Festival du Cinéma Espagnol de Toulouse.

Os protagonistas do filme, Miguel de Lira e mais Sergio Zearreta compartiron o premio ao mellor actor. Por outra parte, a excelente banda sonora de Pablo Pérez fíxose co premio á mellor música e, ademais, Crebinsky obtivo o galardón a mellor película, por riba dos últimos traballos de Fernando León, Montxo Armendáriz, etc.

Crebinsky foi un dos tres filmes seleccionados para o VIII Curso de Comunicación Audiovisual de Celanova, organizado o pasado mes de xullo pola nosa Fundación. Os matriculados ao Curso tiveron a oportunidade de oír de primeira man as experiencias de Enrique Otero, Miguel de Lira, Pablo Pérez, Farruco Castromán, Sergio Franco ou Ángel Amaro.

Dende aquí vaia a nosa noraboa a todo o equipo do filme.