Dentro dos actos recordatorios do décimo cabodano do pasamento de Carlos Casares, programados para o ano 2012 na Limia, o Centro de Cultura Popular, o Museo da Limia e a Fundación Carlos Casares veñen de convocar un concurso de creación literaria e creación plástica dirixido aos alumnos e alumnas dos centros escolares da comarca.

O tema do concurso é a vida e a obra de Carlos Casares e contempla catro categorías, dende a Educación Infantil ao Bacharelato, con cadanseu premio.  Os traballos deberán ser entregados no Museo da Limia antes do 31 de marzo de 2012. O xurado fallará sobre os 5 finalistas de cada categoría previamente seleccionados por votación popular. Todos os traballos serán expostos ao público durante os meses de abril e maio.

Enlace: Bases do Concurso “Carlos Casares. Vida e obra”