Cúmprense hoxe, 9 de marzo de 2012, 10 anos da morte de Carlos Casares. Con tal motivo, os familiares e amigos do escritor ourensán realizan unha ofrenda floral ás 12.30 horas no cemiterio de Nigrán (Rúa Ceán, 3), no que pretende ser un acto aberto aos veciños e persoas que queiran acompañar á familia de Carlos Casares para manifestarlles o seu cariño á figura do escritor e amigo.