Os II Diálogos Literarios do Gaiás terán lugar os días 1 e 2 de xuño na Biblioteca de Galicia, da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Coma sempre, esta actividade servirá para que autores, editores, críticos literarios e profesores do ámbito ibérico se poidan concentrar para intercambiar opinións e experiencias sobre o proceso literario e editorial. Este ano, co gallo do décimo cabodano de Carlos Casares, reuniremos a amigos do escritor ourensán como Marina Mayoral, Bieito Iglesias, Basilio Losada, Jon Kortazar, Lasse Söderberg, Ana Luisa Amaral, José María Merino… Coordinados por Román Raña, o fío condutor desta edición especial referirase á década transcurrida no mundo literario tras o falecemento de Carlos Casares, desde a óptica particular dos invitados e a súa obra.
Menu
- Inicio
- A Fundación
- Carlos Casares
- Actividades
- CURSO DE MEDIOS AUDIOVISUAIS DE CELANOVA (CeMAC)
- CENTRO DE ESTUDOS E CÁTEDRA CARLOS CASARES
- COORDENADAS. Diálogos Literarios da Fundación Carlos Casares
- EXPOSICIÓNS
- OS DEBATES DE CAFÉ VOLTAIRE
- ÁREA DE LINGUA, CULTURA E SOCIEDADE
- ÁREA DE CIENCIA, CULTURA E SOCIEDADE
- ÁREA DE DIÁLOGO INTERCULTURAL
- Colaboración na difusión da figura de Carlos Casares
- MEDIATECA
- Contacto
×