Onte foi 15 de xullo e, como tal día, dez anos atrás, nacía a Fundación Carlos Casares en Vigo. Así que temos xa unha década e un pouquiño máis, e aínda que as circunstancias non propician festas nin efusións de xúbilo, queremos recordar neste día, e darlles as grazas a todas as persoas que nos axudaron a chegar ata aquí.
Padroeiros, Amigos da Fundación, institucións patrocinadoras, empresas provedoras e todos os participantes que gozaron nalgunha das nosas actividades, fannos sentir orgullosos do noso traballo e obrigados polo seu cariño e a súa confianza. Moitas grazas!