Durante as sesións de Guimarães do I Congreso Ibérico de Casas Museo / XIX Encontro de ACAMFE, presentouse o estudo titulado “Promoção da Literatura nas Casas-Museus e Fundações de escritores em Portugal e Espanha através das redes sociais”, a cargo de Luísa Alvim, da Fundación Camilo Castelo Branco (Vila Nova de Famalicão).

Neste estudo, onde se analizan diversas variables relativas ao uso das redes sociais na promoción da literatura e dos seus escritores, a Fundación Carlos Casares destacou positivamente entre as institucións analizadas do ámbito español, en especial na producción e calidade de contidos. No ámbito portugués, foi a Fundación Saramago a que mellores resultados obtivo.

A profesora Alvim fixo fincapé en que este estudo non é unha ópera definitiva, senón que é o punto de partida dunha investigación máis profunda e completa que nos permitirá obter unha radiografía do estado e a evolución do uso das redes sociais entre nós.

Coa deferencia de Luísa Alvim, podedes acceder aquí á presentación completa: