O pasado 25 de outubro tivo lugar a quinta sesión do Café Voltaire – O Sabor das Letras de 2012. Baixo o título “Vida cotiá en Al-Andalus”, o noso conferenciante, Jerónimo Páez, percorreu cos máis de 60 asistentes ao evento unha viaxe no tempo e na xeografía ibérica e mesmo do norte de África para amosar a realidade histórica do espazo cultural andalusí e a súa influencia na orixe dos reinos cristiáns.
Jerónimo Páez é avogado, e foi director xeral da Fundación El Legado Andalusí de Granada durante 25 anos, tempo no que se crearon rutas turísticas e culturais, publicacións e mesmo congresos internacionais. Tamén foi fundador do Club Larra, foro de debate cultural de política da transición, e xestionou a posta en marcha estación de esquí de Serra Nevada, conseguindo traer o campionato mundial desta práctica deportiva a Granada.
A partir de seis bocados onde se mesturaron ingredientes típicos da cultura gastronómica andalusí (noces, dátiles, legumes, azar, etc.), o conferenciante debullou con detalle e precisión aspectos da vida cotiá e os contrastes culturais durante as diferentes etapas da presenza dos musulmáns do norte de África na península. Entre elas, unha etapa crucial: a separación do condado de Portugal e a limitación das opcións de Galicia.
Toda unha delicia de sesión.