Cúmprense xa dez anos dende que un infortunado accidente en Nova York cobrouse a vida de Xoán González-Millán e tamén a da súa dona Esperanza Caneda. Ese improbable destino que, meses antes, levara a Carlos Casares dun xeito imprevisible.

González-Millán naceu no Grove en 1951 e comezou os cursos comúns de Filosofía e Letras na USC, para licenciarse na mesma carreira na Universidade Pontificia de Comillas en Madrid en 1976. Era doutor pola City University de Nova York (CUNY), onde exercía como catedrático de Literaturas Hispánicas no Hunter College e mais no Graduate Center. Foi tamén bolseiro da Fundación Barrié de la Maza.

Aínda que a súa obra está por valorar, é innegable que os seus escritos introduciron unha nova perspectiva nos estudos sobre a literatura e cultura galegas. Recordemos que foi el quen botou a andar o Anuario de Estudios Literarios Galegos (1992), despois de presentarlle a idea a Carlos Casares, daquela, director de Galaxia. Neste sentido, resulta ilustrativo o artigo que Dolores Vilavedra vén de escribir no blog de Galaxia.

Enlace: Na lembranza de Xoán González Millán (Dolores Vilavedra)