L690_S1-15_V.Vaqueiro_320KB

O 29 de xaneiro abrimos a nova xeira do Café Voltaire, ese mix de literatura, arte e gastrono-mía que organizamos coa AAM, a Agrupación de Amigos do MARCO, no Restaurante de Miguel Oliveira do museo, cada último xoves de mes. Este ano iniciamos a sexta edición, e quixemos que a inauguarara o escritor e ensaísta Vítor Vaqueiro, fotógrafo tamén e director que foi do Arquivo Pacheco. O título da súa charla  foi Unha paseata pola fotografía contemporánea, abordando nela os xéneros e as figuras máis representativas do momento, sen esquecer os aspectos históricos e sociolóxicos nos que se apoian as propostas máis novedosas dos fotógrafos contempráneos.

L720_S1-15_V.Vaqueiro_120KB

Esta primeira sesión do ano volveu a encher o aforo cun grupo variado de público disposto a gozar da charla e da conversa. Para acompañar a exposición de Vítor Vaqueiro, o chef Miguel Oliveira deseñou e preparou unha serie de seis bocados inspirados no tema dos bodegóns. Un Chupito poético, para comezar (xelatina de limonada); ao que seguiu Sardinillas Man Ray (bodegón en prata e negro), elaboradas con sardinillas de conservas Alvo, o produto facilitado pola conserveira galega a través da Fundación Cluster de Conservación de Productos del Mar.

L683_S1-15_V.Vaqueiro_bc1_425KBL687_S1-15_V.Vaqueiro_bc2_130KBL703_S1-15_V.Vaqueiro_bc3_100KBO terceiro bocado foi un Polo Vilariño (bodegón de polo especiado), seguido de Humus Calle onde predominaba a cor verde, e o Savarín Madoz, unha delicadeza topolóxica. Para rematar, a Maceta Tillmans (natureza morta), dedicada ao fotógrafo e artista conceptual Wolfgang Tillmans.

L708__S1-15_V.Vaqueiro_bc4_60KB

L712_S1-15_V.Vaqueiro_bc5_70KBL717_S1-15_V.Vaqueiro_bc6_95KB O viño escollido para a sesión de Vítor Vaqueiro foi Nice to Meet You, de Adegas Castrobrey de Vila de Cruces, unha mistura de uvas Albariña, Godello e Treixadura.

Como sempre, ao remate de sesión sorteamos un libro, esta vez o catálogo dunha das exposicións que pasaron polo MARCO. Como novedade desta primeira sesión, puidemos sortear tamén, por cortesía dun amigo da Fundación Carlos Casares, unha noite en cuarto dobre con almorzo incluído na Rectoral de Ansemil, unha acolledora casa rural de Celanova, cuxo edificio se remónta ao último terzo do século XVIII e desde a cal se poden realizar fabulosas excursións na contorna. Non puidemos comezar mellor o ano.

L675_S1-15_V.Vaqueiro_100KB