Con esta exposición, a Fundación Carlos Casares profundiza aínda máis nunha faceta artística relativamente descoñecida do escritor ourensán, pero tan importante como relevante nalgunhas das súas obras literarias: a fotografía.
Esta é a primeira mostra que recolle fotografías tiradas polo propio Casares, así como outras nas que el mesmo aparece fotografado. Trátase dun conxunto de obras relacionadas con ámbitos como o familiar, onde existen retratos e autorretratos; como a fotografía de viaxes, unha actividade pola que o autor limiao sentía moito interese; ou de ámbito profesional, realizadas para unha obra de referencia como a Guía da provincia de Pontevedra, e nas que a súa temática xira en volta de aspectos culturais e tradicionais da nosa cultura.
Comisariado por Vítor Vaqueiro e Gustavo Adolfo Garrido, e baixo a coordinación técnica de Lara Bacelo, a exposición conta con máis de 30 instantáneas que poderán visitarse durante o ano 2016 na Casa dos Poetas de Celanova. Durante o ano 2015 tamén pasou polo mesmo lugar, inaugurándose no mes de xullo cun éxito de visitas que propiciou a súa renovación.
Menu
- Inicio
- A Fundación
- Carlos Casares
- Actividades
- CURSO DE MEDIOS AUDIOVISUAIS DE CELANOVA (CeMAC)
- CENTRO DE ESTUDOS E CÁTEDRA CARLOS CASARES
- COORDENADAS. Diálogos Literarios da Fundación Carlos Casares
- EXPOSICIÓNS
- OS DEBATES DE CAFÉ VOLTAIRE
- ÁREA DE LINGUA, CULTURA E SOCIEDADE
- ÁREA DE CIENCIA, CULTURA E SOCIEDADE
- ÁREA DE DIÁLOGO INTERCULTURAL
- Colaboración na difusión da figura de Carlos Casares
- MEDIATECA
- Contacto
×