A Fundación Carlos Casares participou no XXIII Congreso da Asociación de Casas Museo e Fundacións de Escritores (ACAMFE), que coincidíu co V Congreso Ibérico de Casas Museo, despois de que no ano 2012, no congreso de Santiago de Compostela decidisen unir forzas as casas museo e fundacións de escritores de España e Portugal. Este ano a reunión estivo organizada pola Fundación Blas de Otero e patrocinada polo Goberno Vasco / Eusko Jaurlaritza; os concellos de Bilbao e Orozko e a colaboración da biblioteca Bidebarrieta, a Real Academia da Lingua Vasca / Euskaltzaindia e máis o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do boberno de España.
O día 19 de outubro tivo lugar a sesión inaugural en Orozco, onde as institucións participantes fomos recibidas cortesmente por Josu San Pedro, alcalde da localidade, que nos acompañou nunha visita guiada polo Museo Etnográfico do municipio. Acto seguido realizouse a visita programada á casa familiar de Blas de Otero, onde o poeta vasco pasaba as vacacións desde cativo cos seus pais e avós maternos. Na casa asistimos tamén a un recital dos seus poemas musicados. As xornadas posteriores transcorreron en Bilbao, o día 20 na biblioteca Bidebarrieta e o día 21 na sede da Euskaltzaindia. Entre os actos paralelos organizados pola Fundación anfitrioa puidemos gozar dun roteiro literario polo Bilbao de Blas de Otero e máis unha visita guiada ao Museo Guggenheim.
Durante as diversas sesións das xornadas falaron Mario Hernández, patrón da Fundación Blas de Otero; Aitor Larrabide, director da Fundación Miguel Hernández; Varvara Tsaka, directora do museo Kazantzakis (Creta), especialmente convidada ao Congreso; Adriano Rigoli e Marco Capaccioli, presidente e vicepresidente, respectivamente, da Case della memoria (casas museo italianas); e Ángel Urrutia, presidente de Euskatzaindia. Tamén tivo lugar a proxección do documental baseado no famoso poema de Blas de Otero “Poema en pie de paz”, cuxa presentación correu a cargo do propio realizador, José Fernández de la Sota. É salientable o feito de que os congresistas tivemos a oportunidade de coñecer e apreciar a Sabina de la Cruz, viúva do poeta, que nos acompañou drante todos os días da reunión.
Enlace: Programa do Congreso
- Cartel do XXIII Congreso da ACAMFE
- Conferencia de Mario Hernández na Biblioteca Bidebarrieta
- Varvara Tsaka, directora da Fundación Kazantzakis (Creta).
- Ponencia de Varvara Tsaka, directora do museo Kazantzakis (Creta)
- Sabina de la Cruz, viúva de Blas de Otero
- Galería da casa familiar de Blas de Otero
- Caricaturas dos escritores das fundacións e casas museo de ACAMFE realizadas polo artista canario Néstor Dámaso Delpino
- Andrés Urrutia, presidente da Euskaltzaindia / Real Academia de la Lengua Vasca.
- De esquerda a dereita: Marco Capaccioli, Ibon Arbaiza, presidente de ACAMFE, e Adriano Rigoli.
- Des esquerda a dereita: Ángela Garra (secretaria); Victoria Galbán (vocal); Ibón Arbaiza (presidente), Adriano Rigoli (presidente de Case della Memoria), Antonio Gonçalves (vicepresidente) e MArco Capaccioli (vicepte. de Case della Memoria).
- Sabina de la Cruz, durante un descaso da visita ao Museo Guggenheim de Bilbao.
- Antonio Gonçalves, vicepresidente de ACAMFE, recibe a caricatura de Cupertino de Miranda das man do artista canario Néstor Dámaso Delpino.