O pasado luns día 28, antonte mesmo, deixounos subitamente Alfonso Alcalá, director do Museo-Casa natal de Federico García Lorca en Fuentevaqueros (Granada). Hai pouco máis dun mes gozabamos da súa compaña en Bilbao durante as xornadas do V Congreso Ibérico de Casas Museo e XXIII Congreso de ACAMFE. Alcalá era licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Granada e funcionario de carreira da Deputación Provincial, onde dirixía o departamento de Artes Escénicas. En maio pasado retomou a dirección do Patronato Cultural Federico García Lorca, que xa ocupara durante o período 2008 a 2011.
As axencias de prensa recordaban onte dúas mostras do talento e da capacidade de xestión de Alfonso Alcalá: o proxecto Mar de lunas, que abordou a relación de García Lorca co cine, e mais o Festival Internacional de Teatro de Humor de Santa Fe. Nós recordámolo tamén como amigo.
Din que os antigos gregos non escribían epitafios; simplemente despedían o morto cunha pregunta: “tiña paixón?”. Alfonso tíñaa.