Na súa terceira novela, Carlos Casares acompaña ao protagonista, Elías Paz, desde a nenez nunha pequena vila ourensá ata os tempos de estudante universitario en Compostela. O texto enlaza nunha hábil mestura a segunda e a terceira persoas, no que é considerado o cumio da etapa máis experimental do seu autor.

Xoguetes para un tempo prohibido percorre os diversos escenarios da represión diaria que se vivía na Galicia da ditadura franquista: a violencia imperante nos colexios relixiosos e nas igrexas, primeiro; a descuberta do amor e as relacións entre os dous sexos, condicionadas polas convencións e o medo; a loita política, despois, as súas escuridades e os os seus servilismos; a censura; e a dramática aceptación da derrota, finalmente.

Esta novela de aprendizaxe é considerada un dos fitos da chamada Nova Narrativa Galega e retrata a toda unha xeración, criada na posguerra e que soñou coa revolución nos anos sesenta, para despois verse sumida no desencanto. Xoguetes para un tempo prohibido recibiu o premio Galaxia en 1975, converténdose inmediatamente en referencia da literatura dunha época.

Dixeron del

“Unha narración hábil, alonxada do tradicional xeito de contar”.
Camino Noia. Grial, 1975

“Lo que en el primero son recuerdos, en esa mezcla proustiana de presente-pasado […] en la segunda parte el discurso se vuelca en una mayor reflexión”.
César A.Molina, 1976

“Por oficio, por calidad y por modernidad, está a la altura del buen hacer literario de áreas hispánicas culturalmente más desarrolladas”.
Xesús Alonso Montero, 1976

“Encierra mucho de autobiografía, lo cual en parte puede explicar el empleo de un punto de vista narrativo desde la segunda persona, sugeridor de un desdoblamiento del narrador-personaje”.
Ricardo Landeira, 1993

“En ‘Xoguetes para un tempo prohibido’ atopamos moitos temas e motivos que logo serán recorrentes no seu universo novelesco como son a inocencia, a infancia, o autoritarismo, a delación, a intolerancia, a violencia e a amarga realidade dunha sociedade vixiada e reprimida polo franquismo”.
Xavier Carro