Onte 3 de xullo cumpríronse cinco anos sen Kristina Berg (Halmstad, Suecia, 1948). Moitos coñecerédela por ser a esposa de Carlos Casares. Pero tamén foi outras moitas cousas. Actriz, mariñeira, amazona. Escribiu tamén dous libros en galego, Dona Galicia (1979) e Un neno viquingo (1987), os dous publicados en Galaxia. Presidenta da Fundación Carlos Casares ate a data do seu pasamento, deixou unha fonda pegada en todas as persoas que a coñecimos. Desde a Fundación queremos lembrala compartindo algunhas imaxes da súa vida.
Menu
- Inicio
- A Fundación
- Carlos Casares
- Actividades
- CURSO DE MEDIOS AUDIOVISUAIS DE CELANOVA (CeMAC)
- CENTRO DE ESTUDOS E CÁTEDRA CARLOS CASARES
- COORDENADAS. Diálogos Literarios da Fundación Carlos Casares
- EXPOSICIÓNS
- OS DEBATES DE CAFÉ VOLTAIRE
- ÁREA DE LINGUA, CULTURA E SOCIEDADE
- ÁREA DE CIENCIA, CULTURA E SOCIEDADE
- ÁREA DE DIÁLOGO INTERCULTURAL
- Colaboración na difusión da figura de Carlos Casares
- MEDIATECA
- Contacto
×