Como sen dúbida lle sucedeu a toda aquela xeración de mozos e mozas galeguistas, Rosalía de Castro estivo moi presente na obra de Carlos Casares, non só como inspiración, senón tamén como obxecto de reflexión e estudo. Do escaso repertorio poético que se conserva de Casares, un dos poemas máis importantes (musicado con gran acerto por Xardín Desordenado) fala precisamente da nosa grande figura literaria:

 

Así mesmo, a publicación do volume recompilatorio de A ledicia de ler, no rebufo das Letras Galegas 2017, permite ao gran público acceder a unha longuísima serie de recensións críticas feitas por Casares para La Voz de Galicia a partir de 1975, entre as cales extraemos estas sobre o tema rosaliano:

  • 8/06/1975. “Rosalía e a súa sombra”.- Sobre o artigo de Agustín García Calvo, “Acerca de la sombra de Rosalía”, aparecido en LA GAYA CIENCIA ese mesmo ano.
  • 17/08/1975: “Outro libro sobre Rosalía”.- Sobre a publicación de Rosalía de Castro de Murguía y su obra literaria de Claude Henri Poullain, en Editora Nacional, Madrid, 1974.
  • 19/10/1975: “Presencia e ausencia de Rosalía”.- Sobre a edición homenaxe Presencia de Rosalía, da sección Filatélica do Patronato Rosalía de Castro, no cabodano do seu pasamento.
  • 08/08/1976: “Outro libro sobre Rosalía”.- Sobre o libro La protesta social en la obra de Rosalía, de Nidia A. Díaz, publicado por Fundación Penzol – Galaxia ese mesmo ano.
  • 06/01/1980: “Unha escolma de Rosalía”.- Sobre o libro de Mauro Armiño Poesía. Rosalía de Castro, Alianza Editorial, en 1979.
  • 24/10/1985: “En torno a Rosalía”.- Sobre o volume recompilatorio homónimo de Xesús Alonso Montero publicado en Ediciones Júcar ese mesmo ano.

Ademais, recuperamos do Arquivo Persoal do escritor un par de programas que documentan senllos exemplos de eventos ocorridos en 1985, ano do centenario do pasamento de Rosalía, no que se lle dedicaron todo tipo de actividades dentro e fóra de Galicia.