O pasado 31 de xaneiro, a exposición “As caras dos libros. Unha viaxe polo deseño de cubertas na obra de Carlos Casares e na colección Árbore” foi inaugurada no recibidor da Escola de Enxeñería Industrial do Campus Centro de Vigo, na rúa Torrecedeira.
Falaron o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, o presidente da Fundación Carlos Casares, Xavier Mouriño, e o director da EEI, Juan E. Pardo. Pola súa parte, Xavier Casares vinculou os obxectivos da exposición na relación entre o deseño do libro, o labor dos ilustradores para dotar ás obras dun diálogo entre o escritor e o lector, e aproveitou para salientar o moito que a Carlos Casares lle tería ilusionado esta exposición. Non pasou a ocasión de contar anécdotas persoais sobre o coleccionismo bibliográfico do seu irmán, xa dende moi novo.
Pola súa parte, Manuel Reigosa agradeceu o esforzo da Fundación Carlos Casares por facer realidade a exposición e como esta cumpría tres obxectivos clave para a Universidade de Vigo, entre os que se atopan o de realizar eventos culturais transversais que atraian a literatura e lingua galegas a centros tecnolóxicos, dar visibilidade ao Campus Centro da Universidade de Vigo e atraer aos centros de ensino medio á EEI mediante visitas que se están xa a solicitar ao propio centro universitario.
Enlace: Noticia no DUVI