O domingo 6 de decembro, o xurado da competición, reunido virtualmente, valorou os xogos presentados á I Game Jam “Videoxogo e literatura” da Fundación Carlos Casares. O xurado resaltou a alta calidade das propostas presentadas, algunhas delas de moi grande interese mesmo que non foran as premiadas. Puntuáronse as características que aparecen nas bases:
· Capacidade de adaptación á temática proposta.
· Narrativa.
· Estética (Arte e música).
· Xogabilidade do prototipo.
· Orixinalidade da proposta.
· A aplicación de assets e/ou plugins.
Como resultado da votación desteas aspectos, elixíronse dous equipos premiados:
>>>>>> PRIMEIRO PREMIO, DOTADO CON 500 EUROS <<<<<<
Título do videoxogo: “Plumaxe”.
Integrantes do equipo: Violeta Moldes, Virek Loch e Iago Gordillo.
>>>>>> SEGUNDO PREMIO, DOTADO CON 300 EUROS <<<<<<
Título do videoxogo: “A lenda de Xacobe Morgade”.
Integrantes do equipo: Thiago Gosalbo.
A partir do luns 7 de decembro os integrantes da Fundación Carlos Casares poranse en contacto cos equipos premiados mediante correo electrónico para a solicitude de información necesaria para formalizar o pagamento dos premios.
A Fundación Carlos Casares desexa reiterar o excelente labor dos participantes co interese posto na celebración dunha segunda edición en 2021.
Esta competición recibiu financiamento da Deputación de Pontevedra e, ao mesmo tempo, está integrada dentro do extenso programa 2020 de actividades culturais do Concello de Xinzo de Limia, que recibiu unha achega de 5.000 euros por parte da administración local.