O pasado 4 de maio celebrouse, dentro do programa de actividades anuais que a Fundación Carlos Casares realiza en Xinzo de Limia, a Master Class de cómic de Cristian Fojón Caruncho no IES Lagoa de Antela. Foi organizada, xunto co profesorado de Plástica do centro, para unha vintena de alumnos e alumnas da materia nos seus distintos niveis. Durante algo máis de tres horas, Cristian F. Caruncho levou ao grupo nunha primeira parte a un mergullo na teoría e a práctica do cómic, abordando os aspectos do material, o enfoque, a creación de personaxes e o storyboard.
Antes de entrar na segunda parte, eminentemente práctica, os integrantes do grupo amosaron as súas creacións, unhas rematadas, outras en proceso, todas elas de calidade e algunha, en concreto, excelente. Logo procederon á elaboración dun cómic entre todo o alumnado, ata as 14:00 horas, momento do remate e das fotografías en grupo.
É a segunda vez que Cristian Fojón visita o IES Lagoa de Antela. Xa en 2021 dera unha charla de iniciación ao cómic, que motivou a suxestión de ampliala a unha Master Class. De maneira que moitos dos asistentes daquela, seguiron a sesión ampliada deste ano.
Queremos agradecer á dirección do centro e, en especial aos profesores Ana Escudero e Horacio González, as facilidades que nos deron e a excelente preparación da sesión. Tamén quedamos obrigados coa alcaldesa, Elvira Lama, e con Ramiro Rodríguez, polo apoio que prestar a esta actividade. Comprometernos, logo, a traballar na continuidade desta actividade, de tanto retorno para a mocidade da vila.