A exposición “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” vai viaxando, un ano máis, polos centros de ensino e as bibliotecas de Galicia. Comezamos a xeira 2023 pola provincia de Pontevedra, no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde estivo do 9/03 ao 17/04.
Ao día seguinte, martes 18, instalouse na Biblioteca Luis Seoane de Soutomaior, onde permanecerá ata o martes 2 de maio. Ese día viaxa ao IES San Paio de Tui, e alí botará ata o martes 16. Non para aí a cousa, pois o propio 16 quedará montada no IES de Poio, ata fin de mes de maio.

A pesares do seu pequeno tamaño, esta exposición está tendo éxito considerable, quizais porque fala dunha característica propiamente humana: o humor, en que consiste, como funciona, como o interpretaron as distintas civilizacións, para que nos serve e, tamén, claro, como o utilizou Carlos Casares.
A exposición vai acompañada dun libro catálogo para os ensinantes, que os axudará a aproveitar os paneis informativos, que van dotados de códigos QR para moverse por eles con eficacia (unha versión reducida pode consultarse online). Tamén conta cunha unidade didáctica adaptable e multimedia, que permitirá sacar máis rendemento da mostra.
Agradecemos ás direccións dos institutos e bibliotecas o seu interese e as facilidades que nos dan para a itinerancia da exposición.

ENLACE“Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares”樂威壯  (libro-guía dixital)

#culturagalega #culturadeverdade #osmundosdecarloscasares #exposiciones #exposicións