Ata o vindeiro 13 de maio, os estudantes de Primaria e Secundaria da Limia poderán participar en dous concursos nos que amosar a súa creatividade en relación coa literatura galega. Grazas á subvención anual do Concello de Xinzo de Limia, a Fundación Carlos Casares leva desenvolvendo dende o ano 2019 dous certames anuais de debuxo, un sobre unha obra de Carlos Casares da que se produce algunha efeméride e outra sobre a ilustración dunha cuberta de libro sobre a persoa que é elixida para ser a representante do Día das Letras Galegas. En 2024, a escritora Luisa Villalta foi a persoa elixida para representar as nosas letras.

A Fundación Carlos Casares convoca, o concurso de ilustración “Unha cuberta para Luisa Villalta” e o concurso de debuxo “Toribio revoluciona o tráfico”, na que se poderán presentar orixinais ata o vindeiro 13 de maio de 2024. O xurado fallará o 15 de maio e na xornada de celebración do Día das Letras Galegas entregaranse os premios.

Bases do concurso “Unha cuberta para Luisa Villalta”

Bases do concurso “Toribio revoluciona o tráfico”