>>> Rematadas as VII Xornadas Videoxogo e Literatura, #7XVXL, que abordaron diversos aspectos do sector, como vén sendo habitual, desde os puntos de vista profesional, lúdico e académico, reiteramos o noso agradecemento á Xunta de GaliciaDeputación Pontevedra e #concellodevigo, polo seu patrocinio e o seu compromiso con esta iniciativa. Estendemos as grazas ao MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo e o seu eficaz equipo; aos monitores e monitoras do taller #Bit_a_Bit, e toda a xente que fixo posibles esta edición.

Rematamos as xornadas de charlas, talleres, mesas redondas… pero, 👁 que aínda queda algunha sorpresa. Non deixedes de seguirnos por esta canle ou por Ig 👉 @videoxogoeliteratura , e tamén en Threads @f.carloscasares.

#osmundosdecarloscasares #culturagalega #culturadeverdade