
A Fundación Carlos Casares, grazas ao apoio económico do Concello de Nigrán, convoca a cuarta edición do Concurso Municipal Escolar de Relato Curto dirixido aos colexios de Educación Primaria de Nigrán e o CEE Juan María.
Entre o 15 de febreiro e o 29 de marzo, o alumnado dos centros de Nigrán poderá participar neste concurso, que este ano leva por título “Lolo en bicicleta, por Nigrán fai volteretas”, en relación ao relato infantil Lolo anda en bicicleta, do cal se conmemora este ano o 30 aniversario da súa publicación. Polo tanto, os relatos deberán tratar sobre unha historia ambientada en Nigrán na que un neno ou nena e a súa bicicleta sexan os protagonistas.
Serán premiados os 5 mellores relatos, recibindo como premio un diploma e un lote de libros, mentres que os/as restantes participantes recibirán un diploma acreditativo de participación. A entrega de premios se levará a cabo nunha gala que se celebrará no Auditorio de Nigrán o sábado 11 de abril de 2026.
Enlace: Bases do IV Concurso Municipal de Relato Curto para Nigrán
















