O Concello de Nigrán, en liña co seu continuo compromiso coa figura e obra de Carlos Casares, quen viviu e amou as terras do Val Miñor nos seus últimos 20 anos de vida, colabora dende coa Fundación Carlos Casares dende o seu nacemento desenvolvendo diversas accións (faladoiros, presentacións, exposicións…). Unha das actividades máis importante, que se celebra dende o ano 2023 de xeito anual é Concurso Municipal Escolar de Relato Curto, sempre baseado nalgunha das obras infantís e xuvenís de Carlos Casares, co contexto e temática do Concello de Nigrán. Este ano, o concurso levou por título “Lolo en bicicleta, por Nigrán fai volteretas”. Tras a participación do alumnado e o fallo do xurado, o Concello e a fundación organizan, baixo a coordinación de Carlos Ares, unha gala festiva chea de música, humor, actuacións, arte, literatura e diversión para toda a familia.

O vindeiro sábado, 11 de abril ás 18 horas, o Auditorio Municipal de Nigrán abrirá a as súas portas un ano máis para acoller a entrega de premios do 4º concurso escolar, con actuacións da Banda Xuvenil da Escola da Agrupación Musical de Vincios e tamén da Banda Infantil (ambas dirixidas pro María García Bustos). Participarán, así mesmo, o Coro Covacanta e haberá sopresas coa actuación de Ldanzia.

O acto, coma sempre, estará presentado e conducido pola nosa mestra de cerimonias, Marina Sánchez- Canal Cultura. Agardamos por vós!