A Fundación Carlos Casares convoca a III Game Jam “Dende o galego, con humor”: dúas semanas para crear en liña un prototipo de videoxogo con versión en galego. O tema anunciarase o 29 de novembro e o prazo de entrega remata o 12 de decembro ás 23:59. A participación é gratuíta.
- 29 nov – 12 dec 2026
- En liña
- Inscrición gratuíta
- 600 € en premios
Datas
- 28 de outubroAbre a inscrición.
- 29 de novembroAnuncio do tema na páxina da jam. Comeza o desenvolvemento.
- 12 de decembro, 23:59Peche de entregas e de inscrición.
- 18 de decembroPublicación dos resultados.
Participar
Quen pode participar
Calquera persoa maior de 18 anos, soa ou en equipos de ata tres persoas. Polo menos unha persoa de cada equipo debe residir en España.
Non se esixe experiencia: valen perfís de programación, arte, deseño de xogos, guión, música, son ou localización, entre outros.
Como inscribirse (a partir do 28 de outubro)
- Únete á jam na páxina de itch.io a partir do 28 de outubro.
- Envía un correo a fundacioncarloscasares@
fundacioncarloscasares.org cos nomes e apelidos de cada persoa, o nome do equipo, os perfís de itch.io, o perfil de desenvolvemento de cada membro, se cada persoa autoriza ou non o uso da súa imaxe e un teléfono de contacto.
A composición do equipo non pode cambiar unha vez iniciada a jam.
Que hai que entregar
- Un prototipo xogable creado durante a jam, para navegador (HTML5) ou para Windows 10/11.
- Publicado en itch.io con acceso gratuíto, polo menos ata o fallo do xurado.
- Con versión en galego. O xogo pode estar tamén noutras linguas.
- Sen intelixencia artificial xenerativa en ningún elemento.
- Os recursos de terceiros deben ter licenza de uso e figurar nos créditos.
Como se avalía
Un xurado de cinco persoas expertas en videoxogos puntúa cada xogo de 1 a 10 en seis criterios:
- 01Adecuación ao temaComo entra o tema nas mecánicas, no deseño e na historia.
- 02Narrativa e linguaA historia e o uso do galego. Aquí puntúa o humor.
- 03EstéticaArte e son, e a súa coherencia co ton do xogo.
- 04Xogabilidade e accesibilidadeControis, obxectivos claros, dificultade e opcións de accesibilidade.
- 05OrixinalidadeA novidade da idea e da forma de abordar o tema.
- 06Integración do conxuntoComo funcionan xuntos programación, arte, son e narrativa.
O humor non é obrigatorio. Os nomes do xurado publicaranse antes do comezo da jam.
Premios
- 2.º posto200 €
- 1.º posto300 €
- 3.º posto100 €
Dúas seleccións do xurado para continuar en 2027
O xurado escolle os dous xogos máis relevantes culturalmente. Se aceptan o premio, reciben durante 2027:
- Alta e cota de 2027 na Asociación Videoxogo.gal para unha persoa do equipo.
- Pagamento da taxa de Steam Direct para publicar en Steam.
- Capsule art (imaxe principal na tenda) feita por un profesional da ilustración.
- Cinco horas de asistencia de produción personalizada.
- Ata 100 € en desprazamentos a feiras e eventos de videoxogo en Galicia.
- Espazo para mostrar o xogo en feiras, eventos e xornadas.
- Corrección lingüística e apoio para a localización ao inglés.
Os importes son brutos. As condicións completas están nas bases que se darán a coñecer o 28 de outubro.
Quen o fai posible
Organiza a Fundación Carlos Casares. Patrocinan a Secretaría Xeral da Lingua (Xunta de Galicia), a Deputación de Pontevedra e a Deputación da Coruña, dentro do proxecto «Dende o galego, con humor». Colaboran Videoxogo.gal, Culturgal, Lua Gaming e a ETIV + Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI).
Descarga o folleto informativo (PDF)
