Actividades, Noticias

“Sorrisos por un mundo” inicia a xeira 2023 pola provincia de Pontevedra

A exposición “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” vai viaxando, un ano máis, polos centros de ensino e as bibliotecas de Galicia. Comezamos a xeira 2023 pola provincia de Pontevedra, no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde estivo do 9/03 ao 17/04.Ao día seguinte, martes 18, instalouse na Biblioteca Luis Seoane de Soutomaior, onde permanecerá ata o…

Continue reading
Noticias

Unha lembranza sentida de Gregorio Peces-Barba (1938-2012)

Facémonos eco da triste noticia do falecemento en Asturias de Gregorio Peces-Barba, un dos sete relatores encargados da redacción da Constitución Española de 1978 e Presidente do Congreso dos Deputados durante a III Lexislatura (1982-1986). Xurista, profesor, militante do PSOE e eminente personaxe público de intachable traxectoria democrática, foi, diante de todo, un honrado cidadán. Naceu en Madrid o 13…

Continue reading
Actividades, Área de Lingua, Cultura e Sociedade, Noticias

Glyn Williams e Joan A. Argenter estarán en Mugardos no Foro sobre Lingua e Sociedade

Os profesores Glyn Williams e Joan Argenter son os dous profesores foráneos que participarán os días 8 e 9 de outubro de 2010 no Foro Mugardos Lingua e Sociedade, onde teremos ocasión de escoitalos e dialogar con eles. Glyn Williams é profesor emérito de Socioloxía da Universidade de Gales, Bangor. Traballou tamén como profesor investigador nas universidades Ramón Llull, San Francisco, Cardiff, etc. Retirado…

Continue reading
Carlos Casares, Noticias

Carlos Casares, unha infancia feliz

Así titula José A. Ponte Far, na sección “Conversaciones en la distancia” de La Voz de Galicia de hoxe, as dúas páxinas que dedica a sublimar a súa idea do escritor de Xinzo de Limia. “Era un conversador animado, divertido, culto e atento, e pasar o tempo falando con el era todo pracer. Porque tamén sabía escoitar.” Nesta sección Ponte Far…

Continue reading
Noticias

Sempre de negro

Vén de ser soterrada na Coruña, na intimidade familiar, Carmela Arias y Díaz de Rábago, condesa de Fenosa, quen fora presidenta da Fundación Pedro Barrié de la Maza e do Banco Pastor. A súa imaxe pública era a dunha amable avoa, impecablemente peiteada, de xesto serio pero bondadoso; movíase con elegancia e vestía sempre de negro. Sen embargo, nos actos corporativos a súa figura, un tanto…

Continue reading