O EDLG do CIFP Someso da Coruña ideou esta singular exposición de carteis na que se implicaron todos os ciclos formativos que se imparten no centro: Edificación e Obra Civil, Madeira e Moble, Imaxe persoal, Mantemento de Vehículos e Fabricación Mecánica. A partir de textos escollidos por Ánxeles Penas, poeta, artista plástica e amiga persoal de Carlos Casares, o equipo e o alumnado deseñaron estas balconadas con fotografías alusivas a momentos da vida do autor e a cada unha das familias profesionais citadas.
Deixámosvos a continuación coa galería de imaxes destas balconadas. Unha iniciativa singular e moi interesante.