Café Voltaire: O Sabor das Letras

Café Voltaire. O sabor das letrasIntegrada dentro do Café Voltaire, esta actividade aúna aspectos literarios, culturais e gastronómicos nunha rica maridaxe cos textos e as voces dos seus protagonistas. “O Sabor das Letras” realizouse en colaboración coa Agrupación de Amigos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) de 2010 a 2015.

Cándido Pazó nun momento da súa conferencia-espectáculoOs coloquios e actividades dos Debates do Café Voltaire teñen a orixinalidade de procurar de xeito áxil e intenso temas actuais para presentar polos seus protagonistas. A nova sección do Café Voltaire, O Sabor das Letras, presenta unha mestura de literatura, arte, cultura e gastronomía ideada co propósito de servir como ponte cultural entre Galicia e o mundo, entre a cultura galega e a universal, e como animación á lectura, e particularmente da lectura en galego. Tamén procura atraer á lingua e á cultura galegas –e á cultura universal en galego– a un público afastado da súa práctica cotiá ou afeito a unha práctica esporádica. Utilizouse, para isto, o vehículo da gastronomía e a participación de escollidos personaxes de prestixio literario, artístico, académico e profesional. Todo isto, nun ambiente cordial e distendido, como é o MARCO, no que transmitir os mellores valores da cultura galega e universal en galego.

L703_S1-15_V.Vaqueiro_bc3_100KBNo desenvolvemento das sesións, e dependendo dos temas, poden utilizarse textos de autores galegos, de escritores foráneos traducidos ao galego, sempre facendo referencia directa ou simbólica a comidas ou bebidas, elementos ou ingredientes utilizados en gastronomía. Durante o faladoiro, apoiado por proxección sonora ou muda, degústanse seis bocados. A persoa conferenciante ten a liberdade para elixir o fío condutor da sesión, e presentala como mellor estime conveniente, procurando sempre a amenidade.

L970_S4_Cesar_Cunqueiro_360KBNon é unha conferencia usual, senón que se van marcando tempos para degustar aquilo do que se fala ou insinúa (seis tempos), deixando algúns minutos para a recollida de cada servizo de bocado. A duración estimada de cada sesión é de 2 a 2,5 horas, que equivalería a unha charla de aproximadamente 45 minutos seguidos.

Enlace: Noticias relacionadas con “O Sabor das Letras”